jueves, 30 de mayo de 2019

Aniversario Román

O día 24, estivo de aniversario Román, pero como ese día tiñamos a excursión, celebrámolo este luns. Outro maior que xa ten o pé en 1º de primaria. Moitisimas felicidades.😘😘




miércoles, 22 de mayo de 2019

CUPCAKES

Hoxe pola mañán, ben cedo, Oscar solicitoume a colaboración dos meus alumnos/as para botarlle unha man na cociña. Por suposto que lle dixen que contara coa nosa axuda e ademais co que lle gusta os nenos/as ir o comedor a axudar, non podia negarme.















Aniversario Aitana

O mércores da semana pasada, celebramos na aula o aniversario de Aitana. Seis anos xa. Toda unha chica que en menos de nada remata educación infantil e empeza outra etapa nova. Moitas felicidades.