domingo, 22 de marzo de 2020

Cuarentena

Estimadas familias: Elaborei esta proposta de actividades para desenvolver no fogar, neste momento que estamos a vivir, espero que vos sexa útil.
Dada a idade dos alumnos/as, non deberían  de resultar nin tediosas, nin aburridas, nin desmotivadoras senón ir en consonancia coa escola e os seus intereses, respectando o momento evolutivo no que se atopa  cada neno e neno.
Esta suxestión de propostas non son obrigatorias, as que realicedes estarán en función da organización familiar. Non temos que realizar todo o proposto, nin preocuparse polo que non damos feito. Cada familia, segundo as súas posibilidades, escollerá as que máis se adapten, e mesmo outras actividades que vós organicedes poden ter a misma importancia( xogos en familia; lecturas compartidas).
Farei referencia a diferentes ámbitos e, para todas estas propostas, non convén esquecer que necesitan a vosa axuda. A maioria dos nenos/as non poderían facelas sen o acompañamento, supervisión e intervención dunha persoa adulta.

AUTONOMÍA:

É un bo momento para gañar en autonomía e colaborar coa familia:
Vestido e aseo.
.  Tarefas domésticas: poñer a mesa, ordenar o armario, colocar xoguetes, ordenar os caixóns, recoller a roupa,...

LINGUAXE ORAL:

.  Compartir cos nenos e nenas o maior número de conversas posibles: verbalizar as nosas impresións,o que estamos a sentir, dúbidas, facerlle preguntas abertas,...
Utilizar unha linguaxe adulta e o máis elaborada posible respectando a súa opinión aínda que nos pareza disparatada.
Somos modelos a imitar e podemos contribuir así a ampliar o seú vocabulario e aprender as normas básicas dunha conversa. Coa formulación de preguntas abertas, nas que non só esperemos un si ou un non, á parte de estimular a linguaxe infantil estamos a ensinarlle aos nenos e nenas a facerse interrogantes e a buscar respostas axeitadas promovendo o diálogo e o intercambio de opinións.
Insistir no emprego dun volume baixo para falar, nas quendas de palabra, na utilización de normas básicas de cortesía, no respecto,...
Os contos tamén ofrecen moitas posibilidades de entretenemento: lelos, debuxar os personaxes, inventar finais alternativos, facer representacións, crear unha historia diferente cos protagonistas,...

LÓXICO-MATEMÁTICA:

.  Rexistrar nun calendario a data e levar conta dos días que levamos  de peche.
Observar o tempo  e rexistralo no calendario anterior.
Buscaremos pola casa obxectos que teñan diferentes formas xeométricas; círculo, cadrado, triángulo, rectángulo.
Construír figuras xeométricas con palillos, plastilina,...
Si temos unha báscula podemos pesar diferentes obxectos, comparar cal pesa menos, cal pesa máis. Ordenalos de maior a menor.

ACTIVIDADE MOTRIZ:

.Exemplos de actividades motrices: Bailar, inventar coreografías, xogar a xestos, o zapatiño inglés, imitar posturas,...

AUDIOVISUAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL:

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

Serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.

http://www.crtvg.es/infantil/programas/caracois

A serie "CARACOIS", realizada a través da técnica stop-motion, está dirixida a un público de entre 2 e 4 anos de idade. Os capítulos, de seis minutos de duración, están baseados nas historias dos álbums de Armando Quintero e André Letria. Trátase de cinco libros  de NanOQOs, colección de OQO editora  en cartón duro e pequeno formato destinada aos prelectores.

MANUALIDADES:

https://es.scribd.com/document/397622667/365-Manualidades-para-pasarlo-en-grande-pdf

Libro con 365 manualidades, descargable. Traballa as manualidades con distintos soportes, técnicas,...

Para calquera consulta deíxovos o meu correo electrónico:luciasenorisrodriguez@gmail.com


Un saúdo. Vémonos pronto

Lucía. 😘😘😘
;